CONDICIÓNS XERAIS DE COMPRA
1. IDENTIFICACIÓN DO VENDEDOR
En cumprimento do deber de información establecido na normativa vixente, infórmase de que:
-
Titular: V. C. Garrido Sabio
-
NIF: 39457799B
-
Nome comercial / marca: Galeguiña
-
Enderezo fiscal: Rúa Zamora, 36203 Vigo (Pontevedra), España
-
Correo electrónico de contacto: hola@galeguiña.com
-
Sitio web: www.galeguiña.com
Estas Condicións Xerais regulan a compra de produtos de roupa e complementos ofrecidos a través da tenda online Galeguiña.
2. ACEPTACIÓN DAS CONDICIÓNS
A realización dun pedido en galeguiña.com implica a aceptación plena e sen reservas das presentes Condicións Xerais de Compra, así como do Aviso Legal, da Política de Privacidade e da Política de Cookies.
Galeguiña resérvase o dereito de modificar estas condicións en calquera momento. As condicións aplicables serán as vixentes no momento de realizar o pedido.
3. PRODUTOS
Os produtos ofrecidos corresponden a unha marca de roupa propia. As descricións, fotografías e prezos amósanse con carácter orientativo e poden sufrir modificacións.
Galeguiña reserva o dereito de retirar ou modificar produtos sen previo aviso.
4. PREZOS E IMPOSTOS
Todos os prezos publicados inclúen os impostos legalmente aplicables (IVE), salvo indicación expresa en contrario.
Os gastos de envío non están incluídos no prezo do produto e calcularanse automaticamente durante o proceso de compra antes da confirmación do pedido.
👉 Envío gratuíto para pedidos superiores a 90 € (IVE incluído).
5. PROCESO DE COMPRA
O proceso de compra é sinxelo e intuitivo. O Usuario deberá:
-
Seleccionar os produtos desexados.
-
Engadilos ao carriño.
-
Facilitar os datos de envío e facturación.
-
Escoller o método de pago.
-
Confirmar o pedido.
Unha vez realizado o pedido, o Usuario recibirá un correo electrónico de confirmación.
6. FORMAS DE PAGO
Galeguiña acepta os seguintes métodos de pagamento:
🔹 Transferencia bancaria
Os datos bancarios facilitaranse ao finalizar o pedido.
A transferencia deberá realizarse nun prazo máximo de 3 días naturais.
O pedido non será procesado ata recibir o pagamento.
🔹 Tarxeta de crédito ou débito
Aceptanse tarxetas VISA, MASTERCARD e MAESTRO.
As transaccións realízanse mediante plataformas de pago seguras con cifrado SSL. Galeguiña non almacena datos bancarios dos clientes.
O uso fraudulento de tarxetas será perseguido legalmente.
7. ENVÍOS
Os envíos realízanse mediante empresa de mensaxería.
-
Prazo de preparación: ata 8 días hábiles desde a confirmación do pago.
-
Prazo de entrega estimado: 48–72 horas (envío estándar).
-
Custos de envío:
-
Galicia: 3,95 €
-
Península: 5,50 €
-
Gratuíto para pedidos superiores a 90 € (IVE incluído).
-
Non se consideran días hábiles sábados, domingos nin festivos.
8. DEREITO DE DESISTIMENTO, DEVOLUCIÓNS E CAMBIOS
O cliente dispón dun prazo de 14 días naturais desde a recepción do pedido para exercer o dereito de desistimento, conforme á normativa de consumidores.
Para aceptar unha devolución:
-
O produto debe estar sen usar, en perfecto estado e coa súa embalaxe orixinal.
-
Non se aceptarán devolucións de produtos usados ou danados polo cliente.
Os gastos de devolución correrán a cargo do cliente, salvo produto defectuoso ou erro imputable a Galeguiña.
Unha vez recibida e revisada a devolución, procederase ao reembolso polo mesmo método de pago empregado.
9. PROMOCIÓNS E DESCONTOS
Galeguiña poderá ofrecer promocións, descontos ou códigos promocionais por tempo limitado.
Os códigos promocionais:
-
Non son acumulables salvo indicación expresa.
-
Só serán válidos durante o período indicado.
-
Poderán ter condicións específicas de uso.
10. PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL
Todos os contidos do sitio web, incluíndo deseños, textos, fotografías, logotipos, marcas e elementos gráficos, son propiedade exclusiva de Galeguiña ou de terceiros autorizados.
Queda prohibida a reprodución, distribución ou uso dos contidos sen autorización expresa e por escrito.
11. RESPONSABILIDADE
Galeguiña non se responsabiliza de:
-
Retrasos causados por causas alleas (transportistas, forza maior).
-
Uso indebido dos produtos adquiridos.
-
Erros tipográficos ou técnicos alleos á súa vontade.
12. LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN
As presentes Condicións Xerais réxense pola lexislación española.
Para a resolución de conflitos, as partes sométense expresamente aos xulgados e tribunais da provincia de Pontevedra, renunciando a calquera outro foro.
