Bodi Carmiña Carmela para bebé
Hai tradicións que se aprenden desde pequenos… e cancións que parece que levamos escoitando toda a vida. O Bodi Carmiña Carmela de Galeguiña leva unha desas melodías tan nosas ao armario dos máis pequenos da casa.
Un bodi branco de manga curta decorado coa nosa particular Carmiña Carmela, unha ilustración alegre na que non faltan a música, o baile e pequenos detalles que nos transportan directamente ás festas e tradicións de Galicia.
Para pequenos galeguiños con moito ritmo
O seu deseño alegre en vermello e negro destaca sobre o branco do bodi, converténdoo nunha prenda diferente para o día a día do bebé.
É tamén unha bonita opción para facer un agasallo orixinal para un bebé, especialmente se na familia hai orgullo galego, gusto pola nosa música ou simplemente ganas de recibir ao pequeno cun detalle diferente.
Nacementos, aniversarios, visitas a un recentemente nacido ou simplemente porque si: calquera ocasión é boa para empezar a súa colección Galeguiña.
Carmiña Carmela en versión mini
En Galeguiña queremos que as nosas ilustracións poidan acompañar a toda a familia, tamén aos máis pequenos. Por iso adaptamos un dos nosos deseños máis musicais a este bodi infantil de manga curta.
- Tipo de prenda: Bodi para bebé.
- Cor: Branco.
- Manga: Curta.
- Ilustración: Carmiña Carmela.
- Deseño orixinal Galeguiña.
- Deseñado e impreso en Galicia con agarimo.
Unha maneira divertida de compartir desde os seus primeiros meses esas cancións, costumes e pequenos detalles que forman parte da nosa terra.
Porque para ser festeiro nunca se é demasiado pequeno. 🎶❤️









Reseñas
Aínda non hai valoracións.