Leva o ritmo e o orgullo galego contigo
Hai cancións que se levan no sangue e “A Carolina” é, sen dúbida, unha delas. Coa nosa camiseta “Bailaches, Carolina? Bailei co meu amor”, transformamos o folklore popular galego nunha prenda de moda moderna, alegre e con moita personalidade.
A ilustración amosa á nosa icónica boneca lucindo o traxe tradicional galego co seu pano vermello na cabeza, rodeada de notas musicais e corazóns, capturando a esencia das nosas festas, foliadas e da ledicia da nosas romarías.
Características principais:
-
Máximo confort: Fabricada integramente en algodón 100%, unha prenda transpirable, cómoda e perfecta tanto para o día a día como para dar todo de ti na próxima foliada.
-
Impresión de alta calidade: O deseño mantén vivos os cores (vermellos, verdes e negros) lavado tras lavado, coidando ao máximo o detalle das letras de estilo feito a man.
-
Estilo versátil: Elixe o corte que mellor vaia contigo. Dispoñemos dun patrón entallado e feminino (modelo moza) e un patrón recto tradicional de corte relaxado (modelo unisex).
Sostibilidade e Coidado
En Galeguiña impórtanos o planeta tanto como as nosas tradicións. Para que a túa camiseta te acompañe durante moitos veráns e festas, recomendámosche:
-
Lavar do revés a un máximo de 30ºC.
-
Non usar secadora.
-
Pasar o ferro coa prenda do revés, evitando o contacto directo coa ilustración.















Reseñas
Aínda non hai valoracións.